Abuso sexual

ABUSO SEXUAL

A violencia sexual ocorre a través das presións físicas ou psíquicas nas que o agresor impón unha relación sexual non desexada. Entre o 70% e o 80% dos casos de abuso sexual non se denuncia. A vergoña, o medo a ser xulgada como culpable e a non ser crida fai que moitas vítimas non denuncien ou nin sequera o compartan con ninguén da súa confianza. Non falamos só de mulleres. Os nenos e nenas tamén son vítimas de abusos sexuais (a maioría das veces no eido familiar). Isto supón unha lacra para toda a vida. Xa en idade adulta, estas persoas chegan a consulta con diferentes patoloxías, que en ocasións teñen unha orixe que provoca culpa, vergoña e que se mantivo en silencio durante toda a vida.

caja terapia abuso

terapia abuso

Que consecuencias conlevan os abusos sexuais?

Existen moitas consecuencias derivadas de ter sufrido abuso sexual, tanto se este se produce en idade adulta como na infancia. Algúns síntomas son a culpabilidade, a baixa autoestima e o rexeitamento cara ao seu propio corpo, xa que se cre que foi o que provocou a situación. Isto leva en ocasións a trastornos de alimentación ou ansiedade, consumo de drogas, alcol, autolesións, maior illamento, condutas suicidas e disociación (unha das respostas adaptativas ante unha ameaza). A disociación inclúe unha variedade de mecanismos que axudan a desconectarse do mundo externo e a concentrarse nos estímulos do mundo interno. Isto implica evitación, entumecemento, fantasía, fuga, desrealización e despersonalización.

Terapia psicolóxica

En Orixe acompañamos a vítima de abusos sexuais para conseguir unha verdadeira reparación emocional do dano.

Sabías que…?

En España rexístranse oficialmente 4 violacións ao día.

Unha de cada cinco mulleres padeceu algunha forma de abuso sexual durante a súa infancia ou adolescencia.