Ansiedade

consulta ansiedad

ANSIEDADE

A ansiedade é a forma que ten o noso corpo para poñernos en alerta en situacións complexas. Cando esta ansiedade é moderada axúdanos a manternos concentrados e superar retos. Porén, en ocasións a ansiedade é desproporcionada ante unha situación ou, incluso, se presenta sen haber perigo. A persoa que a sofre paralízase, séntese indefensa e, normalmente, existe un deterioro do funcionamento psicosocial e fisiolóxico. É aquí cando a consideramos un trastorno.

Tipos de trastornos de ansiedade e síntomas

  • Trastorno de ansiedade xeneralizada

    Tensión crónica que aparece cando nada parece provocala. Esta preocupación excesiva e constante na vida diaria provoca estados de inquietude e nerviosismo, fatiga, falta de concentración, tensión muscular, insomnio e irritabilidade. Este tipo de ansiedade tamén fai que a persoa imaxine situacións futuras e se centre nas sensacións negativas do presente.
  • Ataque de pánico ou de angustia

    Aparición repentina de medo ou malestar intenso que se alcanza en minutos. Os síntomas dos ataques de pánico adoitan ser as palpitacións, aceleración da frecuencia cardíaca, suores, tremores, sensación de asfixia, náuseas, mareos, formigos, sensación de irrealidade e, incluso, sentir medo a morrer ou “volverse tolo”. Non hai causa directa para estes ataques repentinos pero, case sempre, os pacientes que os sofren desenvolven a ansiedade anticipatoria (é dicir, a angustia ante sufrir un novo ataque). En ocasións, se isto ocorre e acudimos ao centro de saúde máis próximo pensando que estabamos morrendo, seguramente nos deran medicación para ese momento, pero o ataque volve repetirse unha e outra vez sen solución.
  • Trastorno obsesivo - compulsivo (TOC)

    Obsesións, pensamentos ou accións non voluntarios que o paciente non pode deixar de pensar ou facer. As persoas con TOC adoitan recoñecer o carácter absurdo dos seus pensamentos ou accións, polo que os intentan suprimir. Ademais de crear angustia, os pensamentos intrusivos xeran condutas repetitivas (compulsións) orientadas a reducir a ansiedade. Pero, en realidade, afectan considerablemente á calidade de vida das persoas. En Orixe somos especialistas en TOC, un trastorno que pode ser difícil de detectar debido á confluencia de pensamentos intrusivos e ao gran abanico de compulsións existentes.
  • Trastorno fóbico

    Temor irracional e persistente ante un obxecto específico, actividade ou situación. Este medo xera nas persoas situacións de perigo irreal. Por exemplo: medo a voar, aos paxaros, aos espazos abeertos, a conducir, a ver sangue…
  • Hipocondría

    Preocupación excesiva e continua ante a posibilidade de padecer unha enfermidade a partir dunha interpretación persoal das sensacións corporais. Estas poden ser normais pero quen sofre hipocondría interprétaas de forma esaxerada. Isto provoca ansiedade e os consecuentes síntomas que comentamos, que serán interpretados de novo de maneira catastrófica.
jardin de orixe

CÓMO SABER SE SOFRES ESTRÉS OU ANSIEDADE?

A web do Ministerio de Sanidade conta cun apartado dedicado ao benestar emocional. Nesta sección, ademais de falar das emocións, da importancia dun estilo de vida saudable e de ofrecer unha serie de guías de autoaxuda e técnicas de relaxación, podes encontrar diversos test de autoavaliación. Convidámoste a realizar os test de ansiedade e de estrés percibido, tomando o teu tempo para contestar e autoavaliándote o mellor que poidas.

Estes cuestionarios non son unha proba definitiva pero poden orientarte se estás pasando un mal momento e cres que é por estrés ou ansiedade. Podes facelos como primeiro paso para que, segundo os resultados, te animes a acudir a terapia e atallar o problema antes de que vaia a máis. En Orixe Centro de Psicoloxía guiámoste para superar a túa ansiedade.