Curso 8 semanas

CURSO DE MINDFULNESS EN 8 SEMANAS

Trala enriquecedora experiencia vivida na primeira edición, organizamos un novo curso de Redución do Estrés baseado en Mindfulness (programa MBSR de 8 semanas).

Datas do curso
Terá lugar en 8 sesións os días 13, 20 e 27 de marzo, 3, 10 e 24 de abril, 2 e 8 de maio. En Semana Santa non haberá curso. Formarase un grupo de mañá (10h a 12.30h) e outro de tarde (19.30h a 22h). O día de retiro celebrarase o sábado 27 de abril.

A quen se dirixen os cursos? A todas aquelas persoas que desexen mellorar a atención, reducir o malestar ou o estrés e manexar mellor situacións complexas no ámbito persoal e profesional. Non é necesario ningún coñecemento previo sobre mindfulness ou atención plena.

Prezo
Custa 300 euros, cun desconto do 10% para pacientes e antigos pacientes. Poderás pagar en varios prazos se o prefires.

instructora de mindfulness practicando atención plena
alumnas curso mindfulness orixe en retiro
instructora minfdulness

Programa

Os cursos de mindfulness de Orixe baséanse na formación MBSR. Teñen unha duración total de 30 horas. Constan dunha sesión de orientación, 8 sesións semanais de 2 horas e media e un día de práctica intensiva (retiro grupal).

Nas sesións abórdanse os seguintes temas:

  • Que é mindfulness ou conciencia plena
  • A percepción da realidade
  • O poder das emocións
  • A reacción ao estrés
  • Respondendo ao estrés e cultivando resiliencia
  • Comunicando con mindfulness
  • Coidarse e xestionar máis conscientemente o tempo
  • Integrando mindfulness na vida cotiá

Obxectivo

Facer énfase na capacidade de parar e ver antes de actuar, facilitando que os participantes aprendan a responder en vez de reaccionar e poidan adoptar maneiras de ser máis positivas e eficaces. Trátase de ofrecer unha ferramenta aos asistentes que, unha vez comprenden, se instalará para sempre como estilo de vida.

Inscricións

Xa tivo lugar a charla informativa gratuíta, necesaria para todas aquelas persoas que empecen o curso. Pero se estás interesado no curso, podes escribirnos a consulta@orixecentro.com ou chamar ao 600 223 227. Tamén che resolveremos calquera dúbida.

Materiais de mindfulness

Os participantes recibirán material exclusivo e exercicios de mindfulness elaborados por Orixe Centro de Psicoloxía para desenvolver a práctica na casa e poder completar máis a formación.