TERAPIAS

  • alt text

Depresión

Tristeza, frustración, desgana son sentimientos negativos que surxen como reacción ante un feito adverso, pero experimentar tales estados non significa estar nin moito menos deprimido. A verdadeira depresión é un estado de profunda e terrible desesperanza e tristeza moito maior que calquera decaemento producido polos avatares da vida. O sufrimento da depresión pode chegar a ser tan profundo que solo se vexa como saída a ese túnel o suicidio. Cando unha persoa a que queremos é afectada buscamos a razón e podemos non atopala e todo o que facemos non resolve nada.

En Orixe axudamos as persoas mediante unha ruta terapeutica personalizada a recuperar o ritmo habitual da vida, xa que os pacientes con depresión perciben a vida moito mais lenta. Cando o paciente chega a consulta valoramos cada ámbito da súa vida e valoramos cales están sendo afectadas para poder incluír as modificacións pertinentes, xa que moitas veces a depresión non permite o paciente ver o que lle rodea porque todo resulta agobiante e que sobrepasa.