MINDFULNESS EN EMPRESAS
Cada vez máis empresas danse conta da importancia de coidar o benestar dos seus empregados. As persoas felices, sas e motivadas son máis produtivas! Ser unha empresa saudable está de moda. Hai grandes empresas a nivel nacional que xa están ofrecendo ao seu persoal un ximnasio dentro das instalacións, clases de pilates ou ioga, comida saudable, clases de relaxación…
En Mahou-San Miguel, unha das pioneiras en España, calculan un retorno de 2,9 euros por cada euro investido en programas de benestar no traballo. A formación en mindfulness é unha forma de investir na saúde dos empregados ao tempo que se beneficia a empresa.
Beneficios do mindfulness para as empresas
- Redución do estrés, pois a práctica de mindfulness reduce os niveis de cortisol.
- Maior creatividade, facilitando a resolución de problemas de forma innovadora.
- Redución de baixas laborais. Moitas enfermidades son causadas ou incrementadas polo estrés. Calquera práctica dirixida a reducir o estrés tradúcese en máis saúde e menos ausencias ao traballo.
- Maior satisfacción e benestar. As persoas que practican mindfulness sofren menos esgotamento emocional.
Queres integrar mindfulness na túa empresa?
En Orixe adaptámonos ao funcionamento, características e ritmo da túa organización. Ofrecemos dous tipos de formación:
- Cursos de 8 semanas. Sería a formación ideal para que o empregado mastigue a técnica e a interiorice ata facela súa. Debe existir unha implicación por parte da persoa, o que significa tamén que ese empregado quere mellorar no ámbito laboral e persoal. Podes consultar a dinámica dos cursos facendo clic aquí.
- Cursos a medida. Podemos facer unha adaptación dos nosos cursos en función dos recursos e da dispoñibilidade da empresa, sempre que se garanta unha formación de calidade que permita que o mindfulness se estableza na vida dos participantes.
Solicita máis información
Se a túa empresa está interesada nos nosos cursos de mindfulness, solicita máis información no correo consulta@orixecentro.com
ou no teléfono 981 70 24 67.