Depresión

consulta depresion

Depresión

Tristeza, frustración e desgana son sentimentos negativos que xorden como reacción a unha situación adversa, pero experimentalos non significa que sufras depresión. A verdadeira depresión é un estado de profunda e terrible desesperanza e tristeza prolongada. Este estado afecta á capacidade para relacionarse cos demais, traballar ou afrontar cada día. O sufrimento da depresión pode ser tan profundo que a persoa só vexa o suicidio como saída.

COMO SABER SE UNHA PERSOA TEN DEPRESIÓN?

Os síntomas da depresión son a tristeza, o baleiro e as ganas de chorar case diarias; a diminución do pracer (incluído o sexo); a alteración do sono, tanto por insomnio como por durmir de máis; falta de enerxía constante; cambios bruscos de peso por falta de apetito ou necesidade de comer máis; o sentimento de culpa e inutilidade; a fixación en fracasos do pasado; a falta de concentración, e os pensamentos recorrentes sobre o suicidio. Se cres que podes estar nesta situación ou que algún ser querido a sofre, podes contactar para informarte.

TERAPIA PARA A DEPRESIÓN

Como saír dunha depresión? Superar un estado de depresión é un proceso longo, pero conséguese! En Orixe guiamos aso nosos pacientes mediante unha ruta terapéutica personalizada para que recuperen o ritmo habitual da vida, xa que as persoas con depresión perciben a vida moito máis lenta ca os demais. Cando un paciente chega a consulta valoramos cada ámbito da súa vida e cales están sendo afectados para poder traballar man a man tanto co paciente como cos familiares que están vivindo a impotencia de non saber moi ben que facer. Moitas veces a depresión non permite ao paciente ver por si mesmo o que lle rodea porque todo lle resulta agoniante e sente que o sobrepasa.

SABÍAS QUE…?

Máis do 5% da poboación española sofre depresión.

En 2020 a depresión será a segunda causa de incapacidade no mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).