EMDR

movimiento emdr

TERAPIA EMDR

Lorena Seoane, psicóloga á fronte de Orixe Centro de Psicoloxía, é terapeuta EMDR e membro da Asociación EMDR España. A terapia EMDR, creada en 1987 pola doutora Francine Shapiro, está avalada pola Organización Mundial da Saúde como o método máis efectivo para o tratamento do trauma. Non obstante, recordemos que, para garantir a súa eficacia, é fundamental un terapeuta experto e con formación de calidade.



COÑECE MÁIS SOBRE EMDR

  • Que é EMDR?

    EMDR (siglas de Eye Movement Desensibilization and Reprocessing) é unha terapia para procesar as experiencias traumáticas, xa sexan traumas simples ou máis complexos, a través de procedementos como os movementos oculares e outras formas de estimulación bilateral.
  • Que problemas podemos tratar con EMDR?

    O principal problema a tratar é o trastorno por estrés postraumático, que aparece tras sufrir determinadas experiencias traumáticas na nosa vida. A algunhas dámoslle a importancia que se merecen e outras pasan desapercibidas: un accidente, separarse dos pais cando es neno, abortos, recibir humillacións ou abusos, perder un ser querido, ambiente tóxico, estar illado socialmente, vivir con medo a ser danado o facer dano, presenciar violencia, catástrofes…

    Ademais, a terapia EMDR é eficaz e rápida para tratamento de dós (loitos), fobias, trastornos de ansiedade, TOC e trastornos alimentarios.

  • Como é unha sesión con EMDR?

    Primeiro, informamos ao paciente sobre a terapia EMDR e o seu funcionamento. O obxectivo é identificar e tratar o problema específico, así como procesar os recordos do pasado, que son a base dos síntomas actuais do paciente. Durante a sesión accédese a lembranzas específicas para procesalas ata a súa total resolución. Para logralo estimúlanse os hemisferios cerebrais por medio de movementos oculares ou sons alternados. Tralas sesións, o paciente será capaz de contemplar o recordo do pasado sen molestia, pois percibirao de forma máis realista e actual. Trátase dunha terapia moi efectiva, en tanto a persoa se libera do sufrimento ou dos síntomas.
  • Canto tempo leva o tratamento con EMDR?

    EMDR é unha terapia rápida, moito máis ca outras convencionais, pero o número de sesións dependerá da complexidade do problema. Ademais, cada sintomatoloxía ten o seu ritmo e é importante resaltala para que o benestar se instale na vida do paciente e non sexa algo temporal.
orixe terapia emdr