Quen somos?

PSICÓLOGA

Lorena Seoane Moreira (Nº de Colexiada G4637) é a directora e psicóloga de Orixe Centro de Psicoloxía desde 2013. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (2011), é especialista en EMDR y mindfulness. Conta, ademais, cun máster en Terapia Cognitivo – Condutual do Centro de Psicoloxía Bertrand Russel en Madrid (2012) e un curso de experta en Hipnose Clínica da Sociedade Española de Medicina Psicosomática e Psicoloxía médica (2012).

Contacto
psicologa lorena seoane

lorena seoane emdr terapia

Psicóloga experta en EMDR

Lorena Seoane fórmase en EMDR en 2012 na Asociación EMDR España, da que é socia. Continúa especializándose con diferentes cursos desta organización:

  • Curso Trastornos Obsesivos Compulsivos e EMDR (2012)

  • Curso Trastornos da Conduta Alimentaria e EMDR (2012)

  • Curso EMDR Nenos e Adolescentes (2013)

  • Curso Disociación: identificación, comprensión e plan terapéutico (2013)

  • Curso de Caixa de Ferramentas en Terapia, impartido por Jim Knipe (2014)

  • Curso Trastornos Disociativos Avanzado (2015)

  • Disociación da personalidade e Tratamento de clientes cronicamente traumatizados con EMDR (2016)

Psicóloga experta en violencia de xénero

Comprometida na loita contra a violencia machista, en 2012 realiza un curso de experta en intervención psicolóxica con vítimas de violencia de xénero. Entre 2014 e 2016 é a psicóloga do Centro de Información á Muller de Carballo.

Psicóloga especialista en mindfulness

Tras un longo proceso de formación, desde 2018 Lorena Seoane é instrutora de MBSR de Redución de Estrés baseada en Conciencia Plena polo Instituto esMindfulness de Barcelona. Como tal, a psicóloga mantén un compromiso persoal coa práctica de mindfulness.

Outras experiencias

Como técnica superior en Integración Social (2005), durante 2006 colabora en Aspronaga (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) e en Proxecto Home de Santiago de Compostela.

Ademais, ten colaborado en cooperación internacional, experiencias enriquecedoras a nivel persoal e profesional:

  • Proxectos de coñecemento da realidade na loita das mulleres nicaraguanas pola igualdade de xénero (2010). Bolsa da Universidade de Santiago de Compostela para unha estancia de dous meses en Nicaragua.

  • Curso de cooperación sobre terreo en Guinea Bissau, de Asemblea de Cooperación pola Paz (2008).

  • Curso de cooperación sobre terreo no campo de refuxiados de Sahara Occidental (Alxeria), de Fundación Paz y Solidaridad (2006).