Trastornos Alimentación

TRASTORNOS ALIMENTARIOS

Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) maniféstanse a través de alteracións na comida, o peso e o corpo. En ocasións, o noso corpo converte a comida en emocións. Cando a comida se considera unha inimiga inflúe na visión que a persoa ten sobre si mesma e a súa vida, pero tamén sobre a dinámica familiar. A familia e os amigos dunha persoa que sofre un trastorno alimentario poden ver o dano e a dor producidos pero non saben como evitalo. Por iso, é importante conseguir que a persoa acuda a terapia.

trastorno alimentacion
trastorno alimentacion

TRASTORNOS ALIMENTARIOS

Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) maniféstanse a través de alteracións na comida, o peso e o corpo. En ocasións, o noso corpo converte a comida en emocións. Cando a comida se considera unha inimiga inflúe na visión que a persoa ten sobre si mesma e a súa vida, pero tamén sobre a dinámica familiar. A familia e os amigos dunha persoa que sofre un trastorno alimentario poden ver o dano e a dor producidos pero non saben como evitalo. Por iso, é importante conseguir que a persoa acuda a terapia.

trastorno alimentario

Tipos de trastornos alimentarios e síntomas

  • Anorexia

    Rexeitamento a manter o peso corporal igual ou por encima do valor mínimo considerado como adecuado. A persoa que sofre anorexia ten medo a gañar peso ou ser obeso, incluso estando por debaixo do peso normal. Existe unha alteración na percepción do peso ou do corpo así como unha negación do perigo que supón ese baixo peso. A sensación de benestar diminúe e aparecen diferentes problemáticas físicas: baixa temperatura corporal, mal aspecto da pel, problemas do aparato dixestivo, infeccións de urina constantes, falta de menstruación ou anemia.
  • Bulimia

    Preocupación constante polo peso e a imaxe. A diferenza da anorexia, as persoas que sofren bulimia realizan inxestións descontroladas de comida en curtos períodos de tempo. De forma paralela, asociadas a un gran sentimento de culpa e fracaso pola falta de vontade, adoitan aparecer condutas compensatorias inapropiadas e repetitivas para evitar engordar: provocación de vómito, uso de laxantes e diuréticos, fármacos, xaxúns e exercicio excesivo. En ocasións, a persoa pode sufrir fortes flutuacións de peso, pero noutras mantense invariable. Por iso é a enfermidade que menos chama a atención aos que rodean a persoa e pode resultar difícil de detectar.
  • Obesidade ansiosa ou trastorno por atracón

    Dificultade de deixar de comer (por petiscar ou atracón) para frear un momento de ansiedade ou malestar. Ao acabar de comer, esa ansiedade agrávase coa sensación de culpa debido á falta de control sobre a comida, por ter roto un réxime autoimposto (moitas veces inadecuado) ou polo medo a aumentar de peso. A culpabilidade xera un estado peor ca o anterior. A comida convértese nunha obsesión que rodea a persoa e cobre todos os ámbitos da súa vida, sen poder gozar do seu contorno.

Terapia para tratar un trastorno de alimentación

As etiquetas que empregamos en psicoloxía como anorexia, bulimia ou obesidade por atracón permítennos aos profesionais esclarecer unha tipoloxía de tratamento. En Orixe Centro de Psicoloxía ofrecemos un tratamento personalizado ás persoas que están sufrindo un trastorno de conduta alimentaria. Sabemos que este problema require un tratamento especializado para que o paciente poida saír desta realidade ye recuperar a forza da vida. Non esquecemos que son vítimas e empatizamos coa súa profunda dor. Máis aló dunha estética obrigada na sociedade, en Orixe tratamos de cambiar esa realidade que afecta a unha alta porcentaxe de persoas a nivel mundial.

Moitos dos pacientes asocian comezar terapia para os trastornos de alimentación co feito de abandonar a dieta e adelgazar. Nos casos que traballamos tratamos de incluír a aprendizaxe dunha alimentación consciente, saudable y baseada en mindfulness, que completará o tratamento, de forma que o paciente aprenda a gozar da comida mantendo un peso saudable prestando atención aos alimentos pero existindo unha relación equilibrada. Porque comer é unha manifestación de saúde e amor propio.

Sabías que…?

Un 5% das mulleres españolas padece algún trastorno da alimentación e a cifra vai en aumento, segundo a Asociación Contra a Anorexia e a Bulimia.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a mortalidade dos trastornos alimentarios é do 5% a 15%. Isto son unhas 11 mil mortes cada ano.