Mindfulness en Orixe

lorea sala ioga

MINDFULNESS EN ORIXE

Lorena Seoane é psicóloga e acreditada como instrutora en Mindfulness MBSR polo Instituto esMindfulness, unha institución afiliada á Universidad de Massachusetts. Esta é unha formación longa, profunda e acumulativa, que ademais require un compromiso persoal coa meditación. Todo un proceso necesario para desenvolver a capacidade como docente. Ao estar capacitada como instrutora, en Orixe ofrecemos cursos de 8 semanas de mindfulness e formación en mindfulness para empresas.

Que é mindfulness?

Mindfulness ou atención plena significa prestar atención de forma consciente á experiencia do momento presente, con interese, curiosidade e aceptación. Aínda que se adoita asociar ao budismo, non é unha práctica relixiosa, simplemente unha capacidade básica e humana de conexión co presente. É unha forma de tomar conciencia da realidade que nos dá a oportunidade de traballar co noso estrés, dor, enfermidade ou desafíos da vida.

Que é MBSR?

O programa MBSR® de Redución de Estrés baseada en Conciencia Plena foi creado por Jon Kabat – Zinn, quen en 1979 introduciu o mindfulness no Centro Médico da Universidade de Massachusetts. MBSR fai énfase na capacidade de parar e ver antes de actuar para aprender a desenvolver comportamentos máis eficaces e adaptados aos acontecementos.

beneficios de terapia

Beneficios do mindfulness – MBSR

  • Cultivar a resiliencia, adoptando formas de ser e de actuar máis positivas.

  • Mellorar as emocións.

  • Reducir o estrés e a ansiedade.

  • Manexar a dor en caso de enfermidades crónicas.

  • Desenvolver a capacidade de atención e toma de decisións.

  • Mellorar habilidades de intelixencia emocional e social.

  • Conseguir maior presenza e mellor conexión coas persoas: empatía, confianza, capacidade de establecer vínculos e relacións.