TERAPIAS

  • tca

Trastornos Alimentarios (TCA)

Os trastornos de la conducta alimentaria (TCA) é unha problemática que se manifiesta a través de alteracións coa comida, o peso e o corpo. Cando a comida comeza a considerarse una enemiga esto inflúe sobre a visión que a persoa ten sobre si mesma e da súa vida pero tamén sobre a dinámica familiar. En ocasións o noso Corpo convirte a comida en emocións.

En Orixe ofrecemos axuda personalizada as persoas que se atopan nesta situación. As etiquetas que utilizamos en psicoloxía tales como Anorexia, Bulimia, Obesidad ou Trastorno por atracón nos axudan aos profesionais a esclarecer unha tipoloxía clara de tratamento, pero sin olvidar ás víctimas e empatizando sempre coa sua profunda dor. Mais alá dunha estética obrigada na sociedade en Orixe tratamos de cambiar esa realidade que afecta a un alto porcentaxe de persoas que conviven con estes trastornos.

  • Obesidade ansiosa ou Trastorno por atracón
  • Consiste na dificultade de deixar de comer (por picoteo constante ou atracón) para frear o momento de ansiedade ou malestar. Esta ansiedade se agraba cando o rematar de comer se sinte culpa debido sensación de falta de control sobre a comida ou por romper un réximen autoimposto (moitas veces inadecuado) ou polo medo o aumento de peso. A culpabilidade acaba xenerando un estado moito peor que antes. A comida chega a convertirse nunha obsesión que rodea a persoa cubrindo cada ámbito da nosa vida sin permitirnos disfrutar de nada do que nos rodea.

  • Anorexia
  • Consiste no rexeite a manter o peso corporal igual ou por encima do valor mínimo normal considerado como adecuado. Existe un medo intenso a gañar peso ou a convertirse en obeso, incluso estando por debaixo do peso normal. Existe unha alteración na percepción do peso ou da silueta corporais, esaxeración da súa importancia na autoavalación ou negación do peligro que comporta o Baixo peso corporal. Estas conductas disminuyen a sensación de benestar sobre todo a medida que se disminue de peso ademais das problematicas físicas que comporta: Baixa temperatura corporal, mal aspecto na pel, problemas no aparato dixestivo, constantes infecións, falta de menstruación, anemia…e moitos mais que si non se tratan poden chegar a un final fatal.

  • Bulimia
  • Na bulimia existe una preocupación constante do peso e a imaxe de quenes a padecen. Existen inxestas descontroladas de comida en cortos períodos de tempo, na que existe unha sensación de pérdida de control sobre a inxesta da comida. Tamén poden existir conductas compensatorias inapropiadas, de forma repetitiva co fin de non gañar peso, como a provocación do vómito, uso excesivo de laxantes, diuréticos, fármacos varios, saltarse comidas e exercicio excesivo.Despois de estes atracóns aparece un gran sentimento de culpa e fracaso persoal debido a falta de vontade que se tivo neses momentos e chegan o vómito, coa consistente e reiterada promesa de que nunca mais volverán a atracarse e serán fieis a esa dieta restrictiva. Este círculo ou proceso se retroalimenta durante anos e sen atopar solucións. En Orixe sabemos que este é un problema que require un tratamento expecializado no que o paciente poida saír desta realidade e recuperar a forza da vida.