Trauma

TRAUMA

O trastorno por estrés postraumático é un trastorno mental que algunhas persoas presentan despois de ter vivido ou presenciado un acontecimento impactante, terrorífico ou perigoso.  A diferenza dos problemas ou conflitos do día a día, o trauma sófrese despois de vivir experiencias percibidas como abafadoras ou como unha ameaza para a integridade física. Un trauma non se refire só a algo grave e evidente, senón que pode ser pequeno pero acumulativo. Ademais, é importante ter en conta que un trauma pode impactar de formas que non son evidentes durante anos.

terapia trauma

Causas máis evidentes

  1. Guerra e terrorismo
  2. Abuso infantil severo (físico, emocional ou sexual).
  3. Bullying.
  4. Descoido, traizón ou abandono durante a infancia.
  5. Violación, abusos sexuais e agresións.
  6. Lesións ou enfermidades catastróficas.
  7. Morte dun ser querido (ver sección “)

Causas menos evidentes

  1. Recibir comentarios despectivos, insultos ou burlas.
  2. Non sentirse querido ou seguro.
  3. Sentimentos de soidade.
  4. Accidente de tráfico sen consecuencias aparentes.
  5. Sensación de non encaixar.

Cales son os síntomas dun trauma?

Como temos dito, os síntomas dun trauma poden aparecer anos máis tarde de producirse o acontecemento que o causa. Os sinais que caracterizan o trastorno son as imaxes intrusivas ou recordos repentinos do suceso, pesadelos, hipervixilancia e hiperactividade, vergoña e falta de autoestima, ansiedade ou ataques de pánico, perda de interese polas afeccións así como incapacidade para amar, coidar ou vincularse con outros individuos.

Como tratar o trastorno de estrés postraumático?

O trauma queda encerrado nas redes neuronais do individuo dunha forma desadaptativa. É moi importante traballar o trauma e desensibilizar a persoa, ao tempo que se volve a reprocesar o recordo traumático pero de forma que a persoa o converta nun recordo adaptativo e, así, non lle cause dor emocional.

En terapia psicolóxica axudamos á integración sa das experiencias traumáticas para que o paciente poida vivir unha vida plena e consciente.