TRAUMA
O trastorno por estrés postraumático é un trastorno mental que algunhas persoas presentan despois de ter vivido ou presenciado un acontecimento impactante, terrorífico ou perigoso. A diferenza dos problemas ou conflitos do día a día, o trauma sófrese despois de vivir experiencias percibidas como abafadoras ou como unha ameaza para a integridade física. Un trauma non se refire só a algo grave e evidente, senón que pode ser pequeno pero acumulativo. Ademais, é importante ter en conta que un trauma pode impactar de formas que non son evidentes durante anos.

Causas máis evidentes
- Guerra e terrorismo
- Abuso infantil severo (físico, emocional ou sexual).
- Bullying.
- Descoido, traizón ou abandono durante a infancia.
- Violación, abusos sexuais e agresións.
- Lesións ou enfermidades catastróficas.
- Morte dun ser querido (ver sección “Dó“)
Causas menos evidentes
- Recibir comentarios despectivos, insultos ou burlas.
- Non sentirse querido ou seguro.
- Sentimentos de soidade.
- Accidente de tráfico sen consecuencias aparentes.
- Sensación de non encaixar.
Cales son os síntomas dun trauma?
Como temos dito, os síntomas dun trauma poden aparecer anos máis tarde de producirse o acontecemento que o causa. Os sinais que caracterizan o trastorno son as imaxes intrusivas ou recordos repentinos do suceso, pesadelos, hipervixilancia e hiperactividade, vergoña e falta de autoestima, ansiedade ou ataques de pánico, perda de interese polas afeccións así como incapacidade para amar, coidar ou vincularse con outros individuos.
Como tratar o trastorno de estrés postraumático?
O trauma queda encerrado nas redes neuronais do individuo dunha forma desadaptativa. É moi importante traballar o trauma e desensibilizar a persoa, ao tempo que se volve a reprocesar o recordo traumático pero de forma que a persoa o converta nun recordo adaptativo e, así, non lle cause dor emocional.
En terapia psicolóxica axudamos á integración sa das experiencias traumáticas para que o paciente poida vivir unha vida plena e consciente.