Violencia de Xénero

VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero é un dos grandes problemas da nosa sociedade e a morte é a súa manifestación máis grave. A violencia de xénero amósase en forma de ataques físicos e de maltrato psicolóxico por parte do home cara á muller: insultos, humillacións, desvalorizacións, ameazas, illamento dos amigos e familiares, verse obrigada a renunciar ao traballo, incapacidade para administrar o diñeiro… Todas son condutas agresivas que, moitas veces, as vítimas tardan en recoñecer ou percibir como violencia machista.

violencia de xenero

Síntomas das vítimas da violencia de xénero

En Orixe Centro de Psicoloxía sabemos que a vítima non sempre é susceptible de ver o maltrato que está sufrindo. Por iso é importante recordar os síntomas que poden experimentar as mulleres dentro dunha situación de maltrato:

  • Síntomas a nivel emocional: confusión, angustia, culpa, apatía, inseguridades, tristeza, decepción.
  • Síntomas cognitivos: sentirse responsable do sucedido, ideas negativas de si mesmas, dúbidas sobre o seu valor e capacidades, dificultades para razoar ou resolver pequenos problemas ou tomar decisións. A toma de decisións comeza a orientarse a que o home se atope ben e evitar enfados ou condutas violentas. Pode haber una crenza de que a parella cambie e mellore a situación.
  • Síntomas a nivel condutual: abandonar actividades e responsabilidades, insomnio, cesar actividades de autocoidado e goce, deixar de relacionarse coas persoas ou facelo de forma na que non se comparta nada do ámbito persoal.
  • Síntomas físicos: pulso máis alto, actitude defensiva, respiración intensa e hipervixilancia que provocará problemas para descansar e relaxarse. A longo prazo, pode xerarse un trastorno de ansiedade ou depresión.
violencia

Axuda psicolóxica

En Orixe trazamos unha terapia específica para as vítimas de violencia de xénero e realizamos a intervención máis idónea para cada caso, fomentando o empoderamento e recuperación da integridade perdida tralo abuso. O obxectivo é reforzar a súa autoestima, fomentar as habilidades diarias (moitas veces perdidas) e a autonomía, así como acompañar a muller no seu proceso de integración na vida social e laboral.

Sabías que…?

Máis de 150.000 mulleres, e cada vez máis novas, sofren violencia machista en España.

Case 200 nenos perderon as súas nais vítimas da violencia de xénero desde 2013 en España.