IOGA
En Orixe Centro de Psicoloxía sabemos do gran poder que o ioga e a meditación teñen para comezar a escoitar ao noso corpo, observar os procesos da mente con obxectividade e aprender a vivir desde a nosa realidade interior. O ioga é moito máis ca un exercicio de relaxación, é unha práctica para estar máis presentes e en conciencia plena, pero tamén é un camiño para reforzar unha vida de benestar. Son moitos os estudos que aconsellan practicar ioga ou mindfulness como complemento ao tratamento de enfermidades mentais como a ansiedade e a depresión.


Beneficios de practicar ioga
O ioga ten múltiples beneficios físicos: calma a dor, mellora a respiración, aumenta a nosa flexibilidade e equilibrio, dános máis forza e resistencia, mellora a circulación e a nosa postura corporal, e mesmo podería axudar a controlar o peso potenciando máis hábitos saudables.
Como gabinete de psicoloxía, interésannos os beneficios para a saúde mental do ioga:
-
Mellora o noso estado de ánimo.
-
Diminúe os niveis de ansiedade.
-
Reduce a tensión.
-
Mellora a nosa concentración.
-
Outorga maior estabilidade emocional.
-
Fortalece a autoestima.
-
Xera paz e tranquilidade.
-
Axuda a recoñecernos, desenvolvendo habilidades para comprender a nosa mente a través da observación do corpo e a respiración.
Clases de ioga en Orixe
Queres practicar ioga con nós? Escríbenos a consulta@orixecentro.com ou chámanos ao 981 70 24 67 e informámoste. Tamén podes encher o formulario de contacto se o prefires.