¿Cómo trabajamos?

COMO TRABALLAMOS?

En Orixe Centro de Psicoloxía ofrecemos un tratamento integral a cada persoa nos momentos máis difíciles de súa vida. Traballamos con diferentes terapias para tratar os diferentes problemas de saúde mental en función de cada caso: EMDR, cognitivo – condutual, sistémica, caixa de area, hipnose…

O obxectivo final é crear un vínculo coa persoa que chega á consulta. Tras unha primeira análise, coñecemos a problemática do paciente e utilizamos as ferramentas máis efectivas e innovadoras para superar xuntos o malestar. Tras esta avaliación, se o consideramos necesario, aconsellamos ao paciente para que acuda a un servizo de psiquiatría.

Contacto
como traballamos relaxacion

Sesións de terapia

As sesións de terapia duran unha hora e realízanse cunha frecuencia semanal ou quincenal, en función do estado do paciente. Despois, cando se produce unha melloría na saúde mental da persoa e se van superando os obxectivos marcados, as consultas adoitan ir espazándose no tempo.

En Orixe tamén ofrecemos as nosas propias ferramentas e exercicios, así como lecturas e outras recomendacións para que o paciente conte con recursos entre sesións, avanzando na súa melloría. Pero en terapia cada caso é distinto, así que se tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto.

A nosa filosofía

O estado mental e a saúde física dunha persoa van da man. Non podemos esquecer como en ocasións o malestar mental se manifesta en forma de malestar físico e prodúcense as chamadas somatizacións. Un estilo de vida saudable é complementario para conseguir o benestar integral de nosos pacientes coa terapia psicolóxica adecuada. Por iso propoñemos hábitos saudables adaptados a cada persoa: realizar deporte, coidar a alimentación, practicar ioga ou exercitar o mindfulness, crear relacións de calidade, autocoidado…